sábado, 27 de mayo de 2017

BALONCESTO NO COLEXIO

Esta semana viñeron ao colexio dous monitores do Clube de Baloncesto de Redondela. Este xoves, 25 de maio tocoulle á nosa clase ter unha sesión con eles.
Xogamos a varios xogos para practicar o bote, o tiro a canasta e o pase. Por exemplo, o primeiro xogo consistía en meternos todos no círculo e os que non tiñan balón tiñan que roubarllo aos que o tiñan. Logo fixemos varios xogos dese estilo e un circuito no que había que rodear uns conos e tirar a canasta. O penúltimo xogo foi unha especie de pano con balón; no lugar de levalo para o noso equipo tiñamos que tirar a canasta. O último foi un mini partido.
A finalidade desta actividade era aprender a xogar mellor ao baloncesto, animarnos a apuntarnos ao clube e ao torneo que se vai celebrar o 3 de xuño.

Artigo redactado polo Equipo Superflash e Super Reporteros

RECURSOS DE MATE SOBRE MEDIDAS

Acabo de subir á nosa páxina de recursos varios enlaces relacionados coas medidas:

  • Un test para repasar as medidas de lonxitude
  • Varias páxinas con recursos variados sobre os distintos tipos de medidas (Medidas Mix)
Así que se queredes repasar de forma interactiva, xa sabedes o que tedes que facer!


lunes, 22 de mayo de 2017

NOVOS RECURSOS SOBRE A REPRESENTACIÓN DO NOSO PLANETA

Xa sabedes que parte da materia que nos queda por dar en CCSS non ven no libro, cousa que a estas alturas xa non nos sorprende, verdade?
Esta mañá leváchedes unha ficha con teoría sobre os tipos de mapas. Ademais, acabo de subir á nosa páxina de recursos videos relacionados cos tipos de mapas, as escalas, o globo terráqueo, como localizar un punto segundo as coordenadas xeográficas, etc. Estes recursos sérvennos para preparar a proba oral de carácter práctico correspondente aos estándares 2.2.1., 2.4.1. e 2.3.1.
Ánimo, que xa queda pouco!

domingo, 21 de mayo de 2017

Mapa mudo sinalado

Xa vos comentei na clase que na proba do mapa non habería números senón flechas ou sinais para poñer o nome que corresponda ao lado. Por que? Porque é importante que saibades onde están e non só que memoricedes a que número corresponde cada cousa. Déixovos a plantilla que usarei na proba e mañá douvos unha cuberta na que xa aparece o que faltaba.