sábado, 28 de noviembre de 2015

Bodegóns de cores frías

A arte temporal é o que ten, senón a fotografías no queda nada que lembrar. Aquí tedes o vídeo coas fotos dos vosos traballos de cores frías usando só material que había na aula para facer a composición do bodegón.

jueves, 26 de noviembre de 2015

Esculturas coas mans

Os dous grupos de 3º melloran cada día á hora de traballar  en equipo. Así que cada vez nos lanzamos máis en plástica. Esta vez tocaba facer esculturas temporais coas mans atendendo a unha mensaxe concreta que había que representar. Así que din a cada equipo unha palabra clave para poñerse mans á obra e despois de estudiar diversas posibilidades, unha vez o tiñan claro, chamábanme para fotografar a súa obra. Este é o resultado. Noraboa!!

domingo, 22 de noviembre de 2015

OUTONARTE

Fai dúas semanas fixemos collage sobre o outono na clase de plástica:
  • Escolléchedes cartolinas de cores relacionadas co outono.
  • No magosto gardáchedes as cáscaras das castañas
  • Tiñades que empregar periódico, follas de árbores e cáscaras de castañas nas vosas composicións. 
O resultado foi fantástico, noraboa! Temos as vosas obras colgadas no corredor e agora tamén no blog. Disfrutade co video!



jueves, 19 de noviembre de 2015

Novos recursos de CCNN na nosa web

Xa tedes á vosa disposición varios enlaces a videos relacionados coa función de relación. Algúns son dos sentidos e outros do aparato locomotor. Aínda que empezaremos a velos  na clase ata a vindeira semana se queredes adiantarvos pola vosa conta...adiante!!


miércoles, 18 de noviembre de 2015

Romero Britto

Xa case todos rematáchedes de colorear a flor misteriosa que vos entreguei. Non sabiades como era o orixinal nin quen era o autor. Tratábase dunha obra de Romero Britto:


Agora podemos comparar e ver se o que nos imaxinamos se corresponde ou non coa obra orixinal. Tamén é o momento de investigar un pouco sobre o autor. Así que hoxe en plástica entregareivos unha ficha con preguntas sobre Romero Britto que debedes responder. Como non todos tedes internet na casa douvos de plazo ata o próximo mércores 25 para que me entregedes o traballo de investigación. Lembrade que os ordenadores da biblioteca están á vosa disposición.

domingo, 8 de noviembre de 2015

Concurso de cabazas

A semana pasada, como todos sabedes, levouse a cabo o concurso de cabazas con motivo da festividade do Samaín. Dende aquí agredecer a participación a todos os que quixéchedes colaborar, xa que foi un concurso de cabazas terrorífico, digno de Jack e a súa lanterna. 
As gañadoras, neste caso,  levaron un premio doce máis un diploma. O resto de participantes, tampouco quedaron cas mans vacías, xa que a súa excelente participación foi  mercedora dun diploma!

jueves, 5 de noviembre de 2015

O gomet da biblio...

Lembrade que este curso cada vez que levades un libro en empréstito podedes conseguir un gomet para pegar no panel de lectores do cole que hai na entrada á biblioteca. 
  • Quen da o gomet? A vosa titora, é dicir, en 3º A a profe Tamara e en 3ºB a profe Lydia
  • Como se consigue? Antes de devolver o libro fala coa profe. Ela te fará algunha preguntiña para comprobar que sí liches o libro. Despois te dará o gomet e cando baixes á biblio a devolver o libro só tes que pegalo no panel ao lado do teu nome.
Sergio e María xa teñen o seu primeiro gomet, ademáis de ter disfrutado moito co seu libro, que é o realmente importante. A que estades esperando? 

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Novos recursos na nosa páxina

Esta tarde estiven seleccionando novos recursos para a nosa páxina. Os que tedes internet na casa podedes ir mirando nas seccións de mate, linguas, CCNN e plástica...pero como sempre entraremos no blog no cole tamén.
En mates puxen xogos variados e de cálculo mental, ide practicando. Nas linguas hai un taller de lectura no que hai sección de lectura e de escritura. Ademáis tedes tamén un xogo parecido ao aforcado para romper un pouco o coco. En plástica hai un sinxelo xogo de simetría e en CCNN un enlace máis sobre o corpo humano.

martes, 3 de noviembre de 2015

A riqueza dunha coma

Fonte: Santillana España

A cabaza

Este curso andamos pendentes máis que nunca da nosa alimentación...e xa que estamos en tempo de cabazas, por que non saber os beneficios deste alimento para a nosa saúde?
Se premedes na imaxe accederedes a un artigo publicado no blog de Orientación Andújar.
http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2015/11/BENEFICIOS.pdf

martes, 20 de octubre de 2015

INICIAMOS O CURSO 15-16 ...MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA

Boas!
Este curso tardamos en iniciar a nosa andaina no blog pero como di o refrán, máis vale tarde que nunca.
Temos varias novidades que comunicar:
  • Ata agora era o blog do grupo B, pero neste curso é o blog do nivel de terceiro, é dicir, tanto do grupo A como do grupo B.
  • Na páxina de recursos que estamos creando (moitos enlaces estaban inutilizados) hai novas seccións. Están incluidas seccións de todas as áreas e, ademais, hai unha de proxectos e outra de titoría.
  • Non subiremos imaxes do alumnado pero si dos vosos traballos. Intentaremos facer actividades en audio que si subiremos ao blog.
Todos os recursos son traballados na clase pero están permanentemente no blog para que dende casa, se tedes internet ou dende os ordenadores da biblioteca, podades darlle uso cando queirades. Xa tedes subidos algúns recursos de mate e de CCNN.

lunes, 2 de febrero de 2015

Cocinero, cocinero...

Velaí tedes o enlace para a nosa canción. Só tedes que premer na imaxe.
https://www.youtube.com/watch?v=np7d4zxKyJk


jueves, 29 de enero de 2015

OS NOSOS POEMAS POLA PAZ

Onte estivemos preparando por parellas poemas para a celebración do Día da Paz de mañá. Mesturamos varias estrofas e quedaron dou poemas para elexir entre eles un para representar á nosa aula. Tras a votación saiu gañador o opema feito por Marina, Paula, Dani e Lucía. Fixemos un sorteo para ver quen o lía mañá e as afortunadas foron Marina e Lucía.

Estes son os dous poemas:
A guerra vai acabar
e o amor imos recuperar.
Para os nenos que viven con temor,
mirade cara adiante e será mellor!

Que non haxa racismo neste mundo
ou acabaremos no abismo máis profrundo.
Ser todos amigo é convivir,
axuda ao do lado para que sexa feliz.

Marina, Paula, Danie e Lucía

A paz é amor.
A paz é verdade.
A paz é terror
se non é de verdade.
A paz no mundo é o mellor
e sempre a temos no corazón.
Sempre hai amizade,
sempre, a calquer idade.

Débora, Antón, Iria e Gema

martes, 20 de enero de 2015

Canción para o Día da Paz

O vindeiro venres 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Como cada ano no noso centro escollemos unha canción para cantar todos xuntos ese día. Nesta ocasión a elexida é "Eu teño alguén no meu corazón", de María Fumaça. Para poder ver o videokaraoke e aprender a letra da canción, e mesmo a signala, só tedes que premer na imaxe.
https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es