Cando estabades en infantil loitáchedes pola recuperación da fervenza da Feixa en Reboreda e por fin é unha realidade. A fervenza xa está aberta ao público e en breve iremos visitala. De momento déixovos cunha foto. Se premedes nela poderedes ler o artigo que publicou o Faro de Vigo no que se menciona a vosa reivindicación de fai xa uns anos. É momento de celebrar e disfrutar desta fermosa paisaxe.
lunes, 29 de septiembre de 2014
A FERVENZA DA FEIXA
Etiquetas:
A nosa contorna,
Avisos ás familias,
Axenda,
C. M.,
Voz Natura
miércoles, 24 de septiembre de 2014
SAÍDA AO MERCADO
O pasado mércores 17 de setembro fixemos unha saída ao mercado de Redondela. Cunhas monitoras estupendas visitamos distintos postos do lugar e aprendimos moitas cousas de peixes, carne, froita e verdura... Logo subimos a ver un video sobre o "famoso choco de Redondela" mais unha exposición.
Antes de marchar agradeceron a nosa visita cunha sana e riquísima brocheta de froita.
Etiquetas:
A nosa contorna,
As nosas produccións,
Axenda,
C. M.,
Saídas,
Videos,
Voz Natura
martes, 16 de septiembre de 2014
RECURSOS DO TEMA 1 TODAS AS AREAS
Este curso a nosa páxina de recursos ten subpáxinas, unha para cada area. Tedes que premer na columna da esquerda enriba da area da que queredes ver os recursos, tan sinxelo coma iso, logo seleccionar o recurso que querades e listo!
Están subidos recursos para practicamente todo o curso aínda que haberá que actualizalos, quitar algúns e engadir outros novos. Iso fareino tema a tema.
De momento podedes ir mirando os recursos do primeiro tema de cada area, que son os seguintes:
- CM: O ser humano, recursos do 1 ao 11
- LINGUAS: Gramática e ortografía, recursos 2 e 3
- MATE: Numeración e cálculo, recursos do 1 ao 6
- PLÁSTICA: Color, recursos do 1 ao 3
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Imaxe e seccións do blog,
Recursos
domingo, 14 de septiembre de 2014
Alimentación sana
Esta semana empezamos o tema da alimentación e nutrición. Coincídenos xenial coa saída que imos facer este mércores 16 de setembro ao mercado de Redondela. Para ir abrindo boca déixovos co video gañador do concurso "Nutrivideos" do ano 2009.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
C. M.,
Recursos,
Videos
miércoles, 10 de septiembre de 2014
Benvid@s ao curso 2014-2015
Empeza un novo curso e espero que os cativos da Reboraina estén desexosos de aprender moitas cousas e ao mesmo tempo disfrutar. A pesar da marcha de Paola, á que lle desexamos o mellor no seu novo centro, seguides sendo quince porque neste curso contamos coa presencia de Unai, que espero, en breve se sinta como un mais.
A aprendeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeer!...E divertirseeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)