Hoxe recibimos dúas visitas no cole. Primeiro apareceu o paxe real para recolleras cartas que os nenos e nenas tiñan para os Reis. Un tempo despois os Reis Magos en persoa viñeron a facernos unha visita e a preguntar que tal nos portaramos. Deixaronnos unha bolsiña con chuches a cada un e antes de que marcharan fixemos unha foto con eles.
jueves, 19 de diciembre de 2013
Visita dos Reis Magos
Etiquetas:
Aportacións persoais do alumnado,
Celebracións
miércoles, 18 de diciembre de 2013
Postal de nadal do colexio
Xa se escolleu o debuxo para a postal de Nadal do colexio. Este ano o gañador foi Pablo Jesús Martinez Couñago de 5º A, noraboa! Como finalistas quedaron tres alumnos meus que agora están en 5º B: Lucía, Diego, Jose R e Marta. Felicidades rapaces, que debuxos máis chulos fixéchedes!!
Se premedes no debuxo gañador accederedes ao blog da biblio onde aparecen o resto dos debuxos.martes, 10 de diciembre de 2013
Ensaios rondalla e festival de panxoliñas
- Rondalla: ensaio xoves e venres durante o recreo no pabellón.
- Festival de panxoliñas: (premede no título do que queirades ver)
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Celebracións,
Colaboración con outras clases,
Música
lunes, 9 de diciembre de 2013
Nadal de reciclaxe 1
Andamos a decorar o noso corredor con adornos navideños. Para as manualidades que fixemos non necesitamos mercar nada pois tiñamos de todo na clase: tubos de papel hixiénico, caixas de cartón da froitería e papel de alumiño dos bocatas. Non só é máis barato senón que aproveitamos materiais que ían ir para o lixo no lugar de mercar outros, e todos saímos gañando.
Premede na foto para ver o video de todo o proceso.
Etiquetas:
As nosas produccións,
C. M.,
Celebracións,
Plástica,
Videos,
Voz Natura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)