domingo, 18 de marzo de 2012

A voltas coa fotosíntese...

Será por videos...Velaí tedes un máis sobre a fotesíntese, cun pequeno toque de humor.

viernes, 16 de marzo de 2012

Máis plantas, para todos os gustos...

Velaí vai outro video , completiño con máis información sobre as plantas e outro máis artístico co que disfrutar durante uns minutiños.


miércoles, 14 de marzo de 2012

Novos recursos no blog

Andamos rematando o trimestre e para poder repasar e entender mellor os últimos temas que imos dar antes da semana santa estou colgando novos recursos no blog:
  • Actividades online de lingua galega e castelá para traballar o tema 7.
  • Varios videos sobre as plantas.
Os recursos están, coma sempre, na súa páxina correspondente.

miércoles, 7 de marzo de 2012

ESTUDIAMOS OS ANIMAIS

Para preparar o tema dos animais cada alumno tivo que facer un pequeno estudio sobre un animal. As presentacións terán lugar a partir da vindeira semana, pero xa inauguramos a rolda coa presentación que Brais fixo sobre o cabalo. Cunhas fotos aportadas pola familia, a profe Alejandra elaborou un fermoso video que disfrutamos todos na clase e, a partir de agora, tamén no blog.

martes, 6 de marzo de 2012

A voltas cas horas...

A vindeira semana será o control de mate e ainda non teño claro se será o luns ou o martes. En calquer caso colguei novos xogos na páxina de mates para seguir practicando cos reloxos, a ver se nos convertimos nuns expertos na medición do tempo...

domingo, 4 de marzo de 2012

A metamorfose dunha rá

A pesar de que xa explicamos na clase os cambios polos que pasa unha rá ata convertirse en adulta, atopei dous videos no que o proceso queda moi claro. Tédelos aquí nesta entrada e tamén na páxina da vida na Terra.



O video do entroido...

Coma dí o refrán, máis vale tarde que nunca. Velaí tedes un video-resumo da semana do entroido no cole!